09/05/12

Día da Ciencia 2012: Javier Novelle socio de Honra

Aproveitando a celebración do XVII Día da Ciencia na Rúa, Javier Novelle recibiu unha placa na que se da conta do seu nomeamento como socio de honra da Asociación Galega de Axedrecistas.

Javier Novelle se une así a un grupo formado ata agora unicamente por José Manuel Blanco e Arturo Cornella.

08/05/12

Día da Ciencia 2012: Partidas á Cega

Un ano mais unha parte interesante da actividade foron ás partidas á cega que o Mestre Internacional Wilson Palencia fixo con media ducia de voluntarios. Fose porque estaba canso ou polo nivel dos contrincantes, hai que sinalar que foi o ano con peores resultados para o Mestre.

07/05/12

Día da Ciencia 2012: Concurso de problemas con Fran Pedreira gañando o sorteo

A outra proba do día da Ciencia era a resolución de problemas. Este ano a fixemos moi doada para incentivar a participación. Realmente houbo moitos inscritos, pero a sorte correspondeu a Fran Pedreira, polo que levou tres dos sete premios do día (pasapezas, segundo en rápidas e este).

06/05/12

Día da Ciencia 2012: Wilson Palencia gañou o Torneo de Rápidas

Grupo A
1. Wilson Palencia
2. José María Dorado
3. José Manuel Andión
4. Daniel Codesido
5. Roberto Blandón
6. Yuyi

Grupo B
1. Fran Pedreira
2. Diego Bugliot
3. Santiago Domínguez
4. Rodrigo Pena
5. Sergio Vilaboa
6. Iván

Semifinais:
Wilson Palencia - Diego Bugliot: 1-0
José María Dorado - Fran Pedreira: 0-1


Terceiro e cuarto posto:
José María Dorado - Diego Bugliot: 1-0


Final:
Fran Pedreira - Wilson Palencia: 0-1

05/05/12

Día da Ciencia 2012: Fran e Rodrigo, campións no Pasapezas

O campionato empezou mais tarde do programado. Quizáis para o futuro debamos pensar en facer un horario mais relaxado e volver as orixes de Pasapezas pola mañán e Rápidas pola tarde.

Fran Pedreira e Rodrigo Pena foron os campións no Torneo.

01/05/12

Programación do Día da Ciencia na Rúa

5 de maio de 2012

11,00: Apertura
11,30: Torneo de Pasapezas (ver regulamento)
13,00: Torneo de Rápidas
16,30: Partidas á cega
Agardamos contar co Mestre Internacional Wilson Palencia.

Teremos coma sempre un taboleiro de xadrez xigante e outro de damas, os dous de 3x3m.

Cando non coincida torneos a xente poderá disputar partidas libremente cos membros de AGAX.

Ademais teremos un concurso de problemas e aproveitaremos para empezar a distribución do libro de Relatos de Xadrez.