02/05/18

Día da Ciencia

Este sábado día 5, temos o Día da Ciencia, actividade coa que colabora AGAX dende a súa primeira edición.

Os que xa coñecen o día xa saben que por ali colocamos taboleiro xigante de xadrez e de damas.

Tamén temos dúas actividades principais:

Torneo de Pasapezas.
Ás 12,00.
Modalidade de xadrez por parellas.
Premios para a parella vencedora.

Torneo de 15 minutos,
Roldas ás 16,00, 16,30, 17,00, 17,30 e 18,00
Premios para os tres primeiros da categoría absoluta, os tres primeiros sub14 e libro de agasallo para todos os participantes.

Para ter un pouco de previsión, podes anotarte nesta ligazon: PREME